miércoles, 15 de mayo de 2013

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS



O 17 de  Maio de 1863, Rosalía de Castro publica Cantares Gallegos. Tal foi a trascendencia da obra, que se decidiu adicar esa data á celebración das Letras Galegas.

Este ano adícaselle tal data a Roberto Vidal Bolaño, autor, director e actor teatral. 

Como pequena  homenaxe a este namorado da súa lingua e da súa terra, lembrar a o papel de mestre que interpretou na película de Sempre Xonxa, a cal vos emprazamos a ver.
 
E como homenaxe á extraordinaria Rosalía:

Nasín cando as prantas nasen
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir.
Con espiñas para todos,
sin ninguna para ti.

Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.

¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas di,
cando saber que morrera
por te comtemplar felís?

Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min.
Pois dinchen canto dar puden,
avariciosa de ti.

O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario